Quantcast
Channel: Dokumentalistas
Viewing all articles
Browse latest Browse all 6693

Talleres de comercializacion online para empresarios hoteleros gallegos

$
0
0

O Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo, a través da entidade pública empresarial Red.es e en colaboración coa Xunta de Galicia, a través da Axencia para Modernización Tecnolóxica, organiza este mes en Lugo, Santiago de Compostela, Ourense, A Coruña, Vigo e Sanxenxo unha rolda de talleres formativos sobre canles online de promoción e comercialización, dirixido a pemes hoteleiras e aloxamentos de turismo rural situados na Comunidade Autónoma.

As sesións teñen unha duración de tres horas e centraranse nas posibilidades que buscadores e canles de reserva online ofrecen ao negocio hoteleiro para aumentar e automatizar o seu sistema de reservas. Ademais, os asistentes aprenderán a mellorar a reputación online das súas empresas.

Os empresarios interesados xa poden informarse no teléfono 916266466 ou a través da web: www.alojamientosconectados.es/talleres. Todas as xornadas terán lugar en horario de tarde e impartiranse:

  • Edificio de Formación da Cámara Oficial de Comercio de Lugo 13 de novembro
  • Sede da Asociación de Empresarios de Hosteleria de Santiago de Compostela 14 de novembro
  • Confederación Empresarial de Ourense 15 de novembro
  • Escola de Hostalaría Álvaro Cunqueiro da Coruña 27 de novembro
  • Confederación de Empresarios de Pontevedra 28 de novembro
  • Pazo de Cultura Emilio Pardo Bazán de Sanxenxo 29 de novembro.

vía Red.es e a Xunta colaboran para ensinar a hoteis e aloxamentos rurais de Galicia como aumentar as súas reservas a través de canles online – Xunta de Galicia

La entrada Talleres de comercializacion online para empresarios hoteleros gallegos aparece primero en DOKUMENTALISTAS.


Viewing all articles
Browse latest Browse all 6693

Trending Articles