Quantcast
Channel: Dokumentalistas
Viewing all articles
Browse latest Browse all 6693

O Arquivo Histórico Provincial de Pontevedra colaborou na actividade cultural roteiro urbano sobre a heterodoxia organizada polo concello

$
0
0

O Arquivo, antiga casa familiar dos Fonseca, foi unha das primeiras paradas do itinerario pois o edificio, construído no 1910, reflicte formalmente o ideario masón a través dos seus elementos clásicos.

O espazo arquitectónico do centro de arquivo contén unha sala de madeira na planta superior que se da en chamar “dos masóns” cunha fiestra de medio óculo e un magnífico artesoado. Ao parecer, era a sala de cerimonias, de aí as súas dúas alturas. Este foi o lugar elixido pola persoa encargada de guiar aos visitantes para explicar a difusión das ideas da masonería en Pontevedra no contexto ideolóxico da época.

A visita tamén incluíu a explicación, por parte da directora do centro, da historia e funcións do arquivo desde a súa fundación no ano 1931 ata hoxe.

 

 


Viewing all articles
Browse latest Browse all 6693

Trending Articles