Chega a Oviedo a exposición itinerante ‘Á luz do Calixtino. O códice de Santiago’ organizada polo Xacobeo. Dende o 6 ata o 23 de febreiro, os asturianos poderán disfrutar desta mostra didáctica sobre a historia e os contidos do Calixtino, o ambiente cultural onde naceu, a mentalidade da época, a catedral e a cidade de Santiago no século XII entre outras.
O proxecto organizado por Turismo de Galicia e o Museo do Pobo Galego entre outras institucións galegas e asturianas, mostra pezas orixinais e edicións facsímiles.
Ademáis poden verse textos, fotografías e a posibilidade da visión completa do Códice en edición dixital.
A mostra despois de Oviedo viaxará ata Valencia onde permanecerá ata o 31 de marzo. Logo de España, está previsto que se faga una itinerancia europea por cidades como Le Puy, Munich, Berlín ou Roma.
Fonte: xunta.es